PARA UN GALEGO
Sangue negro escurece desde o halo da lúa
caldeiros ferven e bruxas choran
guinchando brillos das estrelas
fillas nadas de Lilith,
feitas para alentar sen alma
mais con
tremente
corazón xeado.
Portas abertas do Sidh
en Galicia.
Milladoiros treman e labirintos axitan as pedras
secretos rúnicos fenden o ceo
vermellos de carraxe con cruces célticas
debuxadas por druidas tempo morto
e podre antes de que o santo Nazareno,
o
carpinteiro,
fose crucificado
na Súa Cruz.
Solpor do Samaín
en Galicia.
En chimpos ardentes través do purgatorio
anxos
amortallados gardan os corazóns
chaman para abaixo ás estrelas máis fugaces
preiteando coa noite impedida
mentres os cans lobos ouvean e ladran
para arrincar
o
mercurio
da lúa.
Lume do solsticio de San Xoán
en Galicia.
Aleluias demoníacos pairan
procurando pomposos minuetos de sombra
a seiva máis pura do inferno, unha danza
mentres os defensores da chama do Sabbat confían
en que Eros, tan farto, aínda quentando
mudase nunha calor
de
queimada,
gastada, refulxente.
Noite escura da alma
en Galicia.
Entón a tea de araña en brazos á espreita
a aperta encapotada de Galicia
derretendo
visións, amañando cicatrices
sen medo da fulixe e da pedra
sen mulleres de nomes extraños
sen escuro de esencia
sen queixumes pantasmais
que boien.
Nobreza primordial
en Galicia.
Esquecidos cabelos da caluga érguense para volver transmitir
un medo delicioso, retornado
de
tobogáns e norias
xeitosas metamorfoses
a trasnos entoando cánticos
homes lobos ouveando
vampiros
de asa negra.
Nenez nova e sen alento
en Galicia.
Eternidade e perpetuidade
berrando vento e mar que guincha
augalume acesa e domada
amencer en días novos de zafiro
onde os sensos tiránicos que latexan mandan
cangada
inocencia
á que culpar.
A arca da paixón bautizada
en
Galicia.
Co calafrío e
a humidade dunha catacumba
fría como a mamila dunha bruxa
a vistante acreditaba na dor
e a dor infurable viña furada
pola tenrura destemida
e a forza do desexo
para amar.
Vida ardente o galano
de Galicia.