Soneto
Arrodeada polos sons
sosegados de Galicia
Cando menos o esperaba,
un bico asombroso
Que fixo que os meus
sentidos remuíñasen de exceso
Os brazos del, un
asilo, unha ponte riba do abismo.
A dozura dos eucaliptos
Incendiaban o ceo
galego de xuño;
Esa noite a nai guisou
coello con chícharos
E pastel de chourizo
como ameixa vermella.
O meu destino clarexou
cal se fose cristal,
O vilego que atopei
tras dunha barra
Disparando bicos como
balas de pistola,
Gaitas galegas boiando
de lonxe:
Non tiña dúbidas, nin
que hesitar ou cavilar;
Os meus ósos manterán o
chan galego
Cando a miña vida fine.