"IGUAZU"

Dedicated to the great contemporary
American composer Robert Moran, with fond memories
from PatsyJane

-Dedicated to the great contemporary American composer Robert Moran, with fond memories.

© 2006 Patricia Jane St. John Danko


Con grácias infinitas a Vicente Araguas pola súa tradución destes versos ao idioma galego.



 

Iguazú

 

Menage a trois

onde Deus gardou como reliquia na paisaxe

o que Ela fixo cando criou a muller:

a fendedela do abismo

conmemoración do perfecto

a fervenza onde o home atopa á muller

e a muller saúda ao seu Facedor

converxencia do privilexio e do lugar

seducción, encontro, e hino en Xanadú

a catarata chamada Iguazú.

 

En celebración de contentamento

a súa machada non hesitaba

nin dúbida ou precaución no golpe que fendía a natureza

para dar deleite e santificalo

violencia de ferocidades, calafríos e rendición

praceres da divinidade

tallada na rocha en Iguazú

para mostrar aos que non cren a Súa xentileza

pé espido sagrado beleza do abismo.

  © 2006 Patricia Jane St. John Danko

Diseñada Para
800 x 600