© 2000 Patricia Jane St. John Danko




     "Lilith" é unha obra poética dialogada que pretende explorar cuestións significativas na sociedade contemporánea Occidental, utilizando para elo o devanceiro mito de Lilith, a primeira esposa de Adán. A través da relación de Lilith coa serpe, explora a natureza do amor platónico e da amizade; a través das relacións entre Lilith e Adán primeiro, e entre Adán e Eva despois, analiza a natureza do amor sensual.

      Mediante a entrega incondicional de Lilith a reparación do dano que poida haber causado, busca encontrar-lo sentido do perdón. "Lilith" analiza tamén , a través do carácter da serpe, a evolución dos símbolos antigos na cultura contemporánea, sostendo que perdemos gran parte da nosa búsqueda do coñecemento cando despreciamos o noso patrimonio cultural en favor das percepcións culturais da beleza e o poder.

"Adam & Eve". 3r Century .Catacomb of St. Pietro & St. Marcellino. Rome.       A  relación entre Adán e Lilith fracasa porque Lilith desexa prologa-la intimidade física coa intimidade emocional, mentres Adán percibe que esa intimidade física e-lo requisito previo para a intimidade emocional. A reflexión "intimidad eemocional" vs. "intimidade física" e-lo asunto de moitoos libros e ensaios na nosa sociedade, na que renombrados psicólogos e sociólogos consideran o fracaso da intimidade emocional como a causa subiacente da ruptura da familia. A relación de Lilith coa serpe fracasa porque a adversidade, de feito, afecta a os nosos actos mais benintencionados. Nembargantes, a figura da serpe restablecese e continúa existindo hoxendía, no uso que facemos da serpe como o símbolo da sanidade no caduceo,  o símbolo internacional da profesión médica, e en Europa como o símbolo que denota a presencia dunha farmacia.

       Estes temas son muy relevantes na sociedade contemporánea Occidental. En "Lilith," presentanse nunha escea alegórica que contén elementos familiares uns e pouco coñecidos outros. E o meu desexo que esta combinación do familiar e o descoñecido permita o lector observar e meditar de novo sobre o que antes desbotaron como coñecido e entendido, e desta maneira embarcarse nunha aventura persoal de introspección e comprensión destes temas tan familiares na nosa vida cotián.


Workshop Proposal

Propuesta de Trabajo

Proposta de Traballo

Aesthetic Intent

Proyecto Estético

Proxecto Estético

Lilith's Song To Adam

Canción de Lilith a Adán

Cantiga de Lilith a Adán

     

© 2000 Patricia Jane St. John Danko

Please , feel free to e-mail me  your comments and questions !!
If you prefer, please complete and submit this form .


TEXT Site Map :

Aesthetics
Amended Iconographies
Rope

Artwork
Painting Gallery
Drawing Gallery
Print Gallery
Sculpture Gallery
Mask Gallery

Poetry
For a Galician
Songs Of Joy & Sorrow
Lilith
Songs Of Childhood

Pretend Diva

Resume
Projects For Kids
Links

Diseñada Para
800 x 600