© 2000 Patricia Jane St. John Danko


Amodiño Adan, sen presa.
Aquí estou soa, i amándote.
Amote aínda nesta soidade
Na frialdade do teu desprezo.

Teño tanto que dicirche.
Volve, senta comigo
Desexo que as miñas verbas se pousen
como o orballo enriba dos pétalos
No tenro cáliz dos teus oídos.
Deíxame cantarche todo o que desexo dicirche
Deíxame cantarche da nosa morada ditosa
De brisas frescas e da cálida Terra
Escoítame, suplícoche, teño tanto que dicirche.

Mergullémonos no céfiro que nos garda
Deíxame cantar da beleza das tuas mans
Tomándome toda, docemente
Deíxame sentir a melodía da tua voz
A tua voz ceibe de ansiedade
Deíxame acalmar na dozura dos teus ollos.
Ollos non cegados polo desacougo
Amósame as curvas dos teus músculos
Músculos non tensos pola molestia.

Deíxame canta-la forza do teu peito
Que tanto anhelo toucar
Deíxame canta-la humedade do teu colo
A aluga que anhelo bicar
Deíxame cantar da tua gorxa
Onde a miña meixela anhelo repousar
Deíxame cantar da suavidade dos teus labios
Labios que os meus anhelan

Deíxame senti-la firmeza das tuas pernas
A tensión das tuas coxas
A dureza das tuas cadeiras
O vigor dos teus brazos
 A frescura do teu pelo
 E deíxame alcanzar
 A intrepidez da tua mente
A afouteza do teu corazón
O valor da tua ánima
O teu baluarte maxestoso
E só daquela,
O desafío do teu corpo.

Deíxame explorar o meu Adán poderoso
Pero non me apures.
Permíteme repousar a miña cabeza
Sobre o teu estómago;
Repousando alí,
E senti-lo abeiro do teu ser.
Paladín da miña existencia.

Alentemos en harmonía
Nesta doce fragancia.
Voémos neste tenro abandono
 De caricias e coidados e aprecios
Deíxame se-lo maís precioso pra ti
Deséxame toda, enteira
Non so a anacos.

Tómame indivisa
E fartaremos a nosa fame.
Deíxame senti-lo teu corpo abandonado
No suave fervor da nosa paixón
Non poido apertar un amante
Que non sexa o meu confidente
Que non escoitará os meu segredos,
Rostro ruborizado sobre o meu peito,
En agarimosa e ardente empatía
Por todo-lo meu ser.

Workshop Proposal

Propuesta de Trabajo

Proposta de Traballo

Aesthetic Intent

Proyecto Estético

Proxecto Estético

Lilith's Song To Adam

Canción de Lilith a Adán

Cantiga de Lilith a Adán

     

© 2000 Patricia Jane St. John Danko

Please , feel free to e-mail me  your comments and questions !!
If you prefer, please complete and submit this form .


TEXT Site Map :

Aesthetics
Amended Iconographies
Rope

Artwork
Painting Gallery
Drawing Gallery
Print Gallery
Sculpture Gallery
Mask Gallery

Poetry
For a Galician
Songs Of Joy & Sorrow
Lilith
Songs Of Childhood

Pretend Diva

Resume
Projects For Kids
Links

Diseñada Para
800 x 600