ASAS DA CANCIÓN CIGARREIRA
O meu xardín soñolento énchese coa canción da cigarra.
Sento, alentando as cores do solpor, escoitando
collida no coro crepuscular que medra
e acontece soamente no tempo do ano
cando o can sube co sol
o coral en ton alto de Sirio, que ascende
que enxordece a monodia gregoriana,
cántico que fura dun milleiro de corpiños
lembranzas que vibran e reverberan para cima de raios de lúa
e asas de canción cigarreira.
Piñeirais do Leste de Texas, no catre a petaca,
a falcatruada que traizoa o boureo,
e risiños desdentados
case baixo terra polo ruxido cigarreiro.
Comín unha mazá
non preciso limpar os dentes.
As mazás limpan os dentes, sábelo.
“Vai limpar os dentes e lavar os pés.
Corriches descalzo despois de cear.”
E bailando ao son da canción cigarreira.
Facendo como que me lavo,
quedarei dormida co cheiro do bosque riba miña,
entre do nocturno que se esvae.
Lavareime de mañá
cedo no regato
o regato fresco e claro
que vai fresquiño en luares
e asas de canción cigarreira.
©
Copyright 1998 Patricia Jane St. John Danko
|