Mosaic

© 2006 Patricia Jane St. John Danko


Con grácias infinitas a Vicente Araguas pola súa tradución destes versos ao idioma galego.

 


 

Folla caída

 

Mosaicos de vida esmeralda que carretou a seiva

segredos do teu encaixe por labrar

suavidade que se mantén.

A penas vexo o dourado, o agoiro nas túas beiras,

profecia nada pretenciosa,

que se riza, encolle e divide mainiña,

verde esmeralda que devén consorte da morte negra.

 

Para ti, caídiña, o vento húmido xa non tamborila

é aromas e sons a capella;

caleidoscopio e espello, paralítica agora, graza rachada.

Sen enrugas, suave como carne viva, nunha brisiña

tremas, entón ficas en paz de novo.

¿Qué vento profano te arrincou do santuario?

¿Qué plan selvaxe te rompeu?

Un recordo incansable axexa para torturar horas fatídicas,

constelacións espidas dunha vida:

arias salobres e branquiazuis nadas da mañá

verdes-prata resplandecentes que danzaban ao mediodía

refrexos camomila ao solpor

ecoando glorias tráxicas sen final,

rendición serena, estragada e maldita

famenta e anseiosa de puro anárquica,

a procurar, unha vez máis,o delirio do espiatrucos

anseiando as túas fantasías e arruallos perdidos

risos, latricadas, loitas, cancións, bágoas, bicos.

 

¿Pensaches que aqueles días de zafiro serían para sempre?

¿Aniñada en ramallos e ponlas

non agardaches a mordedela aguda, que non acena

sorprendente, sen anunciar,

que te fendeu, deixándote sóa e inútil?

¿Era todo demasiado cedo? 

 


Previous: "For a Galician"

Next: " Sonnet "

     

© 2006   Patricia Jane St. John Danko

Please , feel free to e-mail me  your comments and questions !!
If you prefer, please complete and submit this form .


Diseñada Para
800 x 600