Ninfa

© 2002 Patricia Jane St. John Danko

Con grácias infinitas a Vicente Araguas pola súa tradución destes versos ao idioma galego.

A NINFA

 

A Ninfa

 

Os vellos mariñeiros din que non hai máis enerxía

Todo o que foi ou é ou será ven dela

Os aloumiños da ninfa brincallona, seducen, apertan, e devoran.

 

Penetra o corazón, a mente, os aposentos íntimos

Por cada vibración ou plan esixe honorarios

Os vellos mariñeiros din que para enerxía a súa.

 

Anda a mudar, decote, sen motivo

En suavidade, amores violentos ou aires cheos de antoxos

Os aloumiños da ninfa brincallona, seducen, apertan, e devoran.

 

E o banquete, o alento, o perigo, a torre

Que atende axiña aos que non van a modo

Os vellos mariñeiros din que non hai outra enerxía.

 

Obriga a que se agachen a fe, a esperanza e o amor

Vencéllase harmónicamente coa dor e máis a ledicia

Os aloumiños da ninfa brincallona, seducen, apertan, e devoran.

 

Lume en staccato xeado que aguilloa e acoitela

Os seus momentos enguedellados en toda a eternidade

Os vellos mariñeiros din que para enerxía a súa

Os aloumiños da ninfa brincallona, seducen, apertan, e devoran.

 



Previous: " Sonnet "

     

© 2002   Patricia Jane St. John Danko

Please , feel free to e-mail me  your comments and questions !!
If you prefer, please complete and submit this form .


Diseñada Para
800 x 600