Polemic

© 2006 Patricia Jane St. John Danko


Con grácias infinitas a Vicente Araguas pola súa tradución destes versos ao idioma galego

Polémica

Polémica

 

Abaneándose na cabeza dunha agulla

Xiran, rodopían, brincan, arquean

Vinte nove anxos xogan, oscilan e dan voltas.

 

O reverendo clero armou tal barafusta

Para solventar a pía polémica

Máis grave que os erros das bruxas e dos herexes

 

De máis peso e importancia que os problemas endémicos:

¿Cantos anxos darán bailado sen caer?

A dúbida de fama litúrxica e totémica.

 

O crente ergueuse para respostar á chamada

Este enigma santo provocou un grande boureo

(A verdade é que a xente do común temeu un maltrato ben ruín.)

 

“Axiña nos levarían para o cagarrón.

Apertade este dilema por moi parvo que sexa.

Son os Tempos Escuros, poderían mandarnos xa sabedes onde.”

 

Debatíase a dúbida con pedantería casta

Acreditar en Aquino equilibrara a boa cuestión

Mais fora Martín Scriblerus quen escribira este doce fío.

 

E Martin era moitos do oficio

Os satíricos ilustrados todos asinaron con este nome

Fermosos pontos metafísicos con expresión burlesca.

 

Mentres Tomasiño era sincero na grande reclamación da Summa

De confundir os secretos sacros con razón intuitiva e certa

Os seus tratados sufren tortura, a súa obra é ninguneada.

 

Os anxos dan risadiñas, pasarano moi ben

Bailan sen empurrarse por onde lles peta

Na terra, na agulla, nos pontos xeodésicos

Pensan que todos somos toleiróns con esta parva linguaxe.

 

 

 

  © 2006 Patricia Jane St. John Danko

Previous: ' Iguazú '

 

Please , feel free to e-mail me  your comments and questions !!
If you prefer, please complete and submit this form .


Diseñada Para
800 x 600